Tres militantes socialistas presentaban a súa precandidatura para concorrer ás eleccións primarias nas que a militancia do PSdeG-PSOE elixirá á persoa que encabezará a candidatura á presidencia da Xunta de Galicia.
“Todos os aspirantes cumpren coas condicións necesarias para ser precandidatos e agora comezan a recollida de avais que rematará o día 18 de outubro ás 15 hora”, tal e como se informa dende este partido político.
Os militantes que presentaron a súa precandidatura son:
• Manuel Losada Fernández, Agrupación Socialista da Coruña.
• José Ramón Gómez Besteiro, Agrupación Socialista de Lugo
• Gonzalo Caballero Míguez, Agrupación Socialista de Vigo.