PolíticaÚltima hora

Gonzalo Caballero pide a Feijóo que aclare a súa postura sobre o peche do curso escolar

Ademais o secretario xeral dos socialistas galegos reclama que se "consensúe unha solución á problemática das oposicións"

O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, durante unha comparecencia./ Foto cedida.

 

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considera que a Xunta “non está dando respostas” nin “solucionando os problemas” que existen no eido escolar como consecuencia da crise do coronavirus, “tanto no que atinxe ao peche do curso académico como no relativo á convocatoria das oposicións para o corpo docente”.

Con relación ao curso escolar, o responsable dos socialistas galegos criticaba que Feijóo diga que “non lle convence” o acordo asinado entre o Ministerio de Educación e as comunidades autónomas “sen trasladara cal é a súa posición”.

Tamén considera Caballero que “é necesario que Feijóo clarifique a súa postura e que aclare se é partidario de obrigar aos nenos a acudir ás aulas antes do verán”. En paralelo, recordou que xa propuxo á Xunta que dispoña máis medios e máis facilidades de conexión para que os alumnos poidan acceder aos materiais a a actividades de xeito virtual

No relativo á oferta de emprego público, Gonzalo Caballero amosou a súa “preocupación” pola actitude que está tendo Feijóo ao non despexar o calendario e reclamou que se “consensúe unha solución á problemática do calendario que dea certezas a quen levan preparando as oposicións durante moitos meses”.

Artigos relacionados

Back to top button