OurenseÚltima hora

Gran acollida de Funtastik, “un novo concepto de ocio” con selo valdeorrés

O presidente provincial, Luis Menor, visitou en Expourense esta iniciativa que conta coa colaboración da Deputación e cuxa previsión de afluencia cífrase en máis de 10.000 persoas

Luis Menor, visita as instalacións do I Funtastik. No Limits acompañado de Berto Fernández (responsable do evento) e de Rogelio Martínez (Xerente de Expourense).

 

Na mañá deste mércores 9 de outubto o presidente da Deputación, Luis Menor, visitaba o recinto de Expourense, onde está ubicada Funtastik ata o vindeiro 13 de outubro, e que conta coa colaboración da Deputación.

Menor destaca a gran acollida desta iniciativa dunha empresa valdeorresa como “un novo concepto de ocio que ten idea de continuidade”, e puido comprobar a satisfacción e ledicia coa que a rapazada acolleu esta experiencia multiaventura.

 

 

Na visita, a organización transmitiulle a Luis Menor que se prevé unha afluencia de máis de 10.000 persoas, destacando a gran acollida que tivo entre o público, tanto na primeira fin de semana como no resto dos días, proba de que se esgotaron as 4.000 entradas facilitadas pola Deputación aos concellos da provincia.

A primeira edición de ‘Funtastik. No limits’ é un evento que aglutina formación e diversión a través dun espazo de multiexperiencias para todas as idades, que se enmarca dentro do compromiso das institucións cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

 

 

Funtastik busca potenciar espazos de lecer e educativos para todas as familias, e xa están inscritos máis de 20 colexios. En Expourense ofreceranse espazos e experiencias diferenciadas adaptadas a todos os públicos, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. As entradas poden adquirirse por un prezo de 9 euros a través de ataquilla.com ou fisicamente en Expourense pola semana.

Artigos relacionados

Back to top button