ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Gran ambiente e cata comentada, na Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico no Barco

A sumiller Mercedes Gallego foi a encargada das dúas catas incluídas no programa da fin de semana

Publicidade

 

Un gran ambiente, con multitude de xente paseando, mirando e tamén mercando, se vía na mañá deste domingo 12 de setembro no recinto da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico que durante toda a fin de semana está instalada no paseo fluvial do Barco, de Valdeorras, a beira do río Sil.

En total son 21 os produtores galegos e portugueses que teñen á venda unha gran variedad de produtos como viños, conservas, mel, bicas, aceite, queixos, licores e embutidos, de primeira calidade e, como actividades complementarias á propia feira, programáronse dúas sesións de “Catas no Sil” con viños maridados con produtos tradicionais do Eixo Atlántico, da man da sumiller Mercedes Gallego. Na tarde do sábado tiña lugar a primeira, bautizada “Crepúsculo”; e na mañá deste domingo a segunda á que acudían unha vintena de persoas.

 

A sumiller Mercedes Gallego na cata.

 

Bautizada como “Unha ronda caprichosa”, nesta segunda cata comentada degustábanse varios viños valdeorreses (mencía, godello e garnacha) e un licor de café, pero tamén un vermú do Ribeiro xa que tal como explicaba Mercedes “a feira inclúe produtores e produtos de todo o Eixo”. Bebidas maridadas con produtos salgados como améndoas, patés e mesmo empanada; pero tamén doces como bica ou mel.

Entre os participantes da cata estaba a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta e tamén o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button