DeportesFútbol salaÚltima hora

Gran ambiente na 9ª edición do Marathón Futsal de Viana do Bolo

O equipo gañador do torneo foi Prefabricados Feijoo; e o subcampión Paco Peluquero

 

A tarde do domingo 7 de agosto foi moi intenso en Viana do Bolo, con actividades moi variadas e para todos os gustos.

Na Casa da Cultura celebrábase a Mostra de Corais organizada polo Orfeón Vianés; na praza Maior tiña lugar un espectáculo dos ‘Bolechas deportistas’; e no pavillón municipal de deportes disputábase a final da 9ª edición do Marathón Futsal Viana do Bolo.

 

Entrega de trofeos.

 

A competición deportiva, un clásico do verán dende hai unha década, comezaba xa o venres día 5 reunindo a un bo número de equipos, a maioría combinados, con xogadores da contorna e doutros puntos como Ourense ou Sanabria.

Un torneo, organizado por Ígor, Iago e Borja coa colaboración do Concello e moitas empresas da zona, que se desenvolveu sen maiores incidencias “a excepción da lesión que sufriu un rapaz de Viana, do resto xogo limpo, moito público e moito calor”, puntualiza Ígor.

 

Organizadores e premiados no 9º Marathón Futsal de Viana do Bolo.

 

Con respecto aos resultados, o gañador do torneo (1.100 euros) foi o equipo Prefabricados Feijoo, formado por xogadores de Ourense, A Mezquita e Viana; o subcampión foi o equipo Paco Peluquero (550 euros), con xogadores de Viana; o terceiro clasificado (120 euros) o equipo Construcciones Mel de Sanabria; e o cuarto (120 euros) o equipo Bazar Vidueira-Bar Pai Pau con xente de Viana e A Gudiña.

O trofeo ao mellor xogador foi para Denis e o trofeo ao mellor porteiro para Anxo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button