A XX edición do Baile á Luz da Lúa, celebrado na noite de onte, 30 de agosto, contou cunha gran participación. Tivo lugar na Praza do Toural de Sober e os gañadores foron as parellas 15, 12 e 8 na categoría adulta, e no caso dos nenos e nenas foron as parellas 5, 1 e 7.
Así, a Banda de Música de Sober foi a encargada de amenizar a velada. Ademais, houbo unha exhibición a cargo dos profesores que deron o curso de baile de salón durante o verán, e un veciño interpretou varias pezas co seu acordeón.