Un grupo de mozos organizará as Festas de San Bartolomé en Trives
10 de Agosto de 2017
Celebraranse os días 23 e 24 de agosto e incluirán actuacións de charangas e orquestras
Cun pasarrúas na mañá do 23 de agosto a cargo da charanga Terras do Bibei comezarán en Trives as festas na honra de San Bartolomé. Esta celebración será organizada nesta ocasión por un grupo de catro mozos triveses “cargados de ilusión”. O programa continuará a partires das 23h. cunha verbena a cargo da orquestra Tango.
Xa o día 24, festivo local, está previsto un novo pasarrúas desta volta coa charanga Nova Terras de Trives e ás 21:30h. amenizará a verbena o Grupo Limón. Dende a comisión de festas anímase a achegarse ata a vila “para pasalo ben”.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.