CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Guadi Galego engaiola ao público valdeorrés

A artista actuaba na tardiña deste domingo na Rúa

 

A música de Guadi Galego envolvía na tardiña deste 10 de xullo a céntrica praza da Estación da vila da Rúa. Na súa actuación, incluída no ciclo “Xacobeo no Interior”, presentaba o disco “Costuras”, o seu quinto traballo en solitario.

 

 

Pero, ademais facía un repaso por temas dos seus anteriores traballos nun concerto “construído dende a emoción” e no que facía pasar ao público “por diferentes estadios, dende momentos un pouco íntimos ata momentos moi enérxicos e de moita alegría”, en palabras da propia artista, que se amosaba encantada de reencontrarse co público valdeorrés.

 

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button