DeportesÚltima hora

Guillermo Terán sobe ao podio no Campionato de Euskadi, Madrid e Navarra na modalidade de slalom

Na fin de semana o xove equiador valdeorrés participará no Campionato de España, en Astún

Guillermo Terán López.

 

Malia que nos últimos días as continuas borrascas deixaron frío e nevadas en moitos puntos da península, a falta de neve en xeral está complicando moito a tempada de esquí, especialmente para deportistas que viven lonxe das grandes estacións que garanten os adestramentos.

É o caso de Guillermo Terán López, o xove esquiador valdeorrés que está tendo moitas dificultades para adestrar. “Hai pouca neve, pouco adestramento na estación de San Isidro, onde adestra habitualmente. É certo que foi abrindo sempre que o tempo o permitiu, con algo de neve para o traballo libre en pista, pero ten poucos quilómetros para o adestramento de trazado (xigante e slalom, as modalidades nas que compite), co cal andamos de aquí para alá todas as fins de semana buscando neve”, explica o seu pai, destacando o bo papel de Guillermo nas carreiras que leva disputadas este ano, malia as dificultades.

 

Guillermo no podio dos Campionatos na Euskadi, Madrid e Navarra .

 

Foi á fase de apertura da Copa España no Snozone, en Madrid; a segunda cita (primeira fase da Copa) foi en Baqueira y Spot; a segunda fase foi en Sierra Nevada; e a terceira e última será en Astún esta mesma semana. E entre medias participaba tamén no Campionato de Euskadi, Madrid e Navarra, na modalidade de slalom, que se celebraba a comezos de marzo en Astún. O sábado día 1 Guillermo quedaba cuarto e o domingo día 2, quedaba segundo, con moi pouca diferenza con respecto á cabeza. “Tivo moi boas sensacións pero claro, o resto de competidores está adestrando toda a semana e competindo as fins de semana e nós unicamente competimos co que fixemos de pretempada e así imos tirando. Está moi ben para o pouco que adestra”, asegura o pai do esquiador.

De cara á cita nacional en Astún, Guillermo intenta prepararse como pode. Esta fin de semana tocou adestramento en San Isidro en técnica libre, hoxe e mañá practicar trazado en Astún, onde o mércores farán unha proba de velocidade (I Trofeo de Velocidade de Euskadi), na modalidade de súper xigante (que Guillermo e o resto de compañeiros do club apenas puderon practicar porque esta modalidade necesita maior amplitude e velocidade para o xiro). E xa de cara á fin de semana será o campionato: o xoves súper xigante, o venres xigante e o sábado slalom.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button