Spiderman, Hulk, Capitán América, Thor, Iron Man, Viuda Negra, Batman ou Superman. Son algúns dos heroes e villanos das famosas sagas La Liga de la Justicia e Los Vengadores que serviron de inspiración a alumnos e profesores para a festa de Entroido que o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco celebraba este venres 21 de febreiro.
E ese será tamén o tema da comparsa da ANPA Aturuxo que participará no Desfile de Entroido do Concello do Barco, que se celebrará o vindeiro martes 25 de febreiro a partir das 17:30h. Os participantes xuntaranse no colexio tres cuartos de hora antes para prepararse e saír todos xuntos.
Fotos: CEIP Plurilingüe Julio Gurrirán.