CulturaCulturaÚltima hora

A historia de “Elisa e Marcela” contada por A Panadaría, no Barco

Esta representación terá lugar o venres 10 de novembro ás 21h. no Teatro Lauro Olmo da vila

Recén estreado o século XX, dúas mulleres casan na igrexa coruñesa de San Xurxo. Son Elisa e Marcela. Para lograr contraer matrimonio Elisa convértese en Mario. Sen embargo, non tardan en descubrilas, e vense obrigadas a fuxir. Así se produce o primeiro matrimonio homosexual do Estado, unha historia que a compañía teatral A Panadería recrea en clave de parodia na obra “Elisa e Marcela”, que poderá verse o vindeiro venres 10 de novembro ás 21h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Esta peza, dunha hora e cuarto de duración, está interpretada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. O texto é de Esther F. Carrodeguas, Gena Baamonde e A Panadaría e a dirección tamén está en mans de Gena Baamonde.

Artigos relacionados

Back to top button