CulturaMúsica

Homenaxe a Abertal no XI Día do Orgullo Gaiteiro

Manolo Durán e a agrupación de música e baile tradicional, recollerán o premio e actuarán o 13 de decembro en Ourense
Algúns dos integrantes de Abertal, nunha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella
Algúns dos integrantes de Abertal, nunha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella

No ano en que celebra un cuarto de século de historia, a agrupación Abertal da Rúa non para de recibir convites para actuar. O máis inmediato no tempo é o que lle fixeron dende a Asociación de Gaiteiros Galegos para participar na festa conmemorativa do 25 aniversario do colectivo, o vindeiro domingo 7 de decembro, na que compartirán cartel con grupos como Leilía, Mestres da Tradescola, Treixadura ou Os Carunchos. Para o acto, que terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, viaxará o coro de Abertal con acompañamento musical. Ademais, esa mesma mañá de domingo viaxarán ata Pontevedra para gravar un video para un programa de Nadal da TVG.

Unha semana máis tarde, o sábado 13 de decembro, a cita será no Auditorio de Ourense, onde se celebrará o XI Día do Orgullo Gaiteiro, un festival no que serán homenaxeados o propio Manuel Anxo Durán a e agrupación Abertal “polos seus 25 anos de traballo na música tradicional galega”. Ese día, ademais de recibir o premio tamén actuará a banda de gaitas e as pandereteiras con acompañamento musical.

Artigos relacionados

Back to top button