CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe á figura de Blanco Amor

Publicidade
Ofrenda floral, relatorios e mesas redondas polo 35º aniversario do pasamento do escritor ourensán
Asistentes á inauguración das xornadas adicadas a Blanco Amor.
Asistentes á inauguración das xornadas adicadas a Blanco Amor.

“Inmenso intelectual e creador”. Así definía o conselleiro de Cultura Xesús Vázquez Abad, a Eduardo Blanco Amor, na inauguración das xornadas que teñen lugar en Ourense con motivo do 35º aniversario do pasamento do escritor ourensán.

Na súa intervención, que tiña lugar na tarde do 1 de novembro, Vázquez Abad destacou o espírito da súa obra que segue vixente hoxendía, como se manifesta no éxito do recentemente estreado filme “A Esmorga” (baseda na obra do autor ourensán), do director valdeorrés Ignacio Villar, presente no acto.

As xornadas continuaron cun relatorio do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, baixo o título “Tres incursións na vida e na obra de Blanco Amor: Manuel Azaña, García Lorca e a socolingüística”. Na xornada do luns, os actos conmemorativos completáronse coa presentación do libro “A moneca de Blanco Amor”, de María Xosé Queizán, e cunha actuación musical a cargo de María do Ceo, con Xavier Vaz ao piano.

Ofrenda floral a Blanco Amor.
Ofrenda floral a Blanco Amor.

Con todo, as xornadas inaugurábanse pola cunha ofrenda floral diante da campa do escritor, no cemiterio de San Francisco, que contou entre outros coa presenza do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero; do director do PEN Galicia, Luís González Tosar; do director de A Esmorga, Ignacio Vilar; do alcalde de Ourense, Agustín Rodríguez; e da concelleira de Cultura de Ourense Ana Garrido.

Artigos relacionados

Back to top button