CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe a M. Carmen Pernas pola súa dedicación, dende os inicios, ao Mercado Medieval de Tremiñá (O Barco)

 

Numerosas persoas asistían na tardiña do 19 de xullo á malla que, unha edición máis, convertíase nun dos actos máis concorridos do Mercado Medieval de Tremiñá (O Barco). E despois de recrear este antigo labor veciñal e facer a foto de familia dos seus protagonistas, unha delas, María Carmen Pernas, era gratamente sorprendida cunha homenaxe en recoñecemento á ilusión, esforzo e traballo realizado, como presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños e como veciña, na creación e desenvolvemento deste mercado medieval.

 

 

Recibía varios agasallos dos actuais organizadores do evento, do colectivo Tremiñá no Mapa (un deles o seu fillo Saúl, xunto a Amparo e Piru), que retomaban o proxecto do mercado e lle daban continuidade.

Fotos e vídeos: A.R.

 

 

Back to top button