CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Homenaxe a M. Concepción Iglesias dos seus antigos compañeiros do IES Martaguisela do Barco pola súa xubilación

 

Durante moitos anos María Concepción Iglesias Gutiérrez foi profesora de Grego durante moitos anos no IES Martaguisela do Barco, onde tamén foi Xefa de Estudos do Ingabad. Ademais entre os anos 1999 e o 2003 foi directora deste instituto valdeorrés.

Despois trasladábase a Ponferrada e agora vén de xubilarse como docente no IES Gil y Carrasco o 5 de xaneiro deste ano. O seu marido, Chema San Román Rodríguez, foi ademais profesor de Xeografía e Historia tamén durante moitos cursos no IES Martaguisela.

Neste mediodía, os seus antigos compañeiros deste centro homenaxeábana con motivo da súa xubilación cun xantar nun restaurante de Ponferrada.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button