CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Homenaxe a Milagros Lago pola súa xubilación como profesora no IES Martaguisela do Barco

 

Co inicio deste ano 2023 xubilábase Milagros Lago Moratinos, profesora no IES Martaguisela do Barco. Natural de Palencia, e tras pasar pola Coruña e Ponferrada, chegaba á vila valdeorresa onde viña exercendo como docente de inglés dende o ano 1997.

Os seus compañeiros no IES Martaguisela do Barco organizábanlle no mediodía deste 14 de xaneiro un xantar de despedida, no Complexo Hostaleiro Paladium de Vilamartín, ao que asistían profesores e directivos actuais do centro, pero tamén outros que pasaron anteriormente por este instituto. Non faltaron ás sorpresas, as lembranzas compartidas nin os agasallos.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button