ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

Homenaxe a título póstumo a Félix Enríquez Vega, ex alcalde do Bolo e impulsor da construción do colexio

 

No mediodía deste sábado 30 de marzo, unha hora hora antes de que dera comezo o xantar da XIV Festa da Vitela, o Concello do Bolo rendía homenaxe póstumo a Félix Enríquez Vega, alcalde desta localidade valdeorresa dende 1979 ata 1987 e impulsor da construción do CEIP de O Bolo.

E facíao cun sinxelo acto á entrada do colexio, baixo os paraugas debido á persistente chuvia e descubrindo unha placa na súa memoria. “Un dos seus labores foi a mellora dos pobos, empezando cos primeiros saneamentos pero unha das súas obras máis importantes é este colexio que se inaugurou no ano 1981, grazas ao cal os rapaces que estabamos dispersos en diferentes centros puidemos vir todos xuntos”, dixo o actual alcalde, Alberto Vázquez, agradecendo a presenza ás autoridades (alcaldesa de Larouco, alcaldes da Veiga e Manzaneda,…) e sobre todo aos familiares de Félix e aos veciños e veciñas do Bolo.

 

 

En nome da familia falaba o seu sobriño, José Vicente García, quen recoñecía que para eles é un recoñecemento moi especial e cheo de emocións xa que “o colexio público do Bolo era a obra da que Félix estaba máis orgulloso e satisfeito como alcalde e da que sempre se lembraba alá onde estivese e falase con con falase”. José Vicente asegurou que foron moitas as horas de traballo levadas a cabo polo seu tio dende que entrou como alcalde ata a construción do centro de ensino público que supuxo “unnha nova era para os nenos dos pobos que forman parte do concello do Bolo, podendo formarse dun xeito máis cercano ás súas casas”.

 

 

No seu discurso, tamén tivo palabras de lembranza para un dos directores que deixou pegada no colexio, xa falecido, “Don Paco, pola súa gran laboura académica e directiva dentro deste edificio”.

Do descubrimento da placa encargábanse tamén os familiares do homenaxeado, falecido en setembro de 2022.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button