CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Homenaxe, pincho de Nocilla e goleada local, no partido entre o CD Barco e o Rápido de Bouzas en Calabagueiros

O atleta veterano Francisco Bao facía o saque de honra e Javi Pazos marcaba os 5 goles do Barco

 

O partido de fútbol disputado na tarde do domingo 16 de febreiro no campo de Calabagueiros foi especial. Primeiro por enfrontar no terreo de xogo a dous vellos rivais, o CD Barco e o Rápido de Bouzas, que viviron tempos mellores; e segundo polo recoñecemento que o club lle facía a un dos seus socios, o atleta veterano Francisco Bao e o día anterior facía en quiroga a súa carreira 750.

 

 

Xa no terreo de xogo e tralo minuto de silencio polo polo falecemento do avó de Álex, Paco Bao recibía unha camiseta edición especial de mans do presidente do CD Barco, Nilo Ramos, antes de proceder a facer o saque dende o medio do campo e aí os de Lino Estévez facían o resto.

 

 

Os goles tardaban en chegar pero unha vez que o protagonista do partido, Javi Pazos, marcaba o primeiro, xa non paraba. Marcaba o primiero no minuto 47 e sen respiro, volvía a anotar no 48′, no 59′, no 74′ e no 86′. Con este resultado, o Barco recupera o liderato, empatado a puntos co segundo clasificado, o Atios. A seguinte cita será en Cambados.

 

 

Durante o descanso do partido de onte, os afeccionados degustaban gratis un pincho de Nocilla “a merenda dos campións” lembrando os bocadillos da infancia de moitos dos presentes Nocilla.

Fotos e vídeo: Julio Quintas e cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button