Unha trintena de persoas participaban nun xantar homenaxe ao ex alcalde de Petín, o socialista Miguel Bautista, polos seus vinte anos á fronte deste concello valdeorrés. Accedía ao cargo en 1999 e nas pasadas eleccións decidía non volver a presentarse.
Entre os asistentes a este encontro, celebrado na adega do Peyma en Fontei (A Rúa), estaban membros das diferentes listas que se presentou nas cinco eleccións locais ás que se concurriu e ganou, así como traballadores do Concello, membros de Protección Civil, compañeiros e familia, ademais da actual alcaldesa de Petín, a súa irmá Raquel Bautista.
“Hoxe é un día especial no que queremos facerche unha homenaxe por ter sido alcalde durante vinte anos. Esta non é unha comida política, senón de compañeiros. En resume, grazas polo teu traballo, polo teu sacrificio, polos teus logros e, tamén persoalmente, moitas grazas por seguir estando. Moítimas grazas Miguel”, dicía a súa irmá e rexedora de Petín.
A homenaxe resultaba unha auténtica sorpresa para Miguel Bautista, que se amosaba emocionado. “Hai veces que podes sospeitar cousas, pero baixo ningún concepto esperaba isto”, confesaba. Acto seguido, recibía unha placa en nome dos asistentes de mans de Amancio Díaz, que tamén foi alcalde de Petín e que dende 1999 acompañaou a Bautista na lista do PSdeG-PSOE en Petín.
Fotos: Carlos G. Hervella.