CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Homenaxes a Mar Blanco e José María González na clausura do 34º Encontro de Poetas, na Rúa

 

Tras unha primeira xornada centrada nos poetas da zona e na figura de Florencio Delgado Gurriarán, na tarde do sábado 9 de xullo, clausurábase a 34ª edición do encontro, celebrado coma sempre no salón de actos do antigo colexio Nosa Señora de Fátima, na Rúa.

 

Mª Carmen Gago Florenti.

 

Igual que na sesión de apertura, o programa desta segunda e última xornada arrancaba coas homenaxes, desta volta adicadas a dous poetas da casa. Por unha banda a barquense Mar Blanco Gómez, habitual nesta actividade cultural e amiga persoal da coordinadora, Mª Carmen Gago Florenti, que falecía hai só un par de meses vítima dunha dura enfermidade. O outro homenaxeado do día era José María González García, cuñado de Mª Carmen e autor dos carteis do encontro que tamén falecía recentemente vítima do Covid.

 

Actuación da Rondalla Sones del Cúa (Cacabelos).

 

Con respecto ao recital propiamente dito, neste segundo día, líanse os poemas dunha vintena de poetas entre eles os propios coordinadores: Emilio Vega de Ponferrada, encargado da apertura e Mª Carmen Gago Florenti do Barco de Valdeorras, que poñía o broche. O apartado musical correu a cargo de José Luengo de Bembibre e da Rondalla Sones del Cúa de Cacabelos.

 

Un momento do recital poético.

 

Coma sempre o encontro organizado polo Instituto de Estudos Valdeorreses contou coa colaboración co Concello da Rúa, sendo o propio alcalde, Álvaro Fernández, o encargado da súa clausura nunha intensa e calurosa fin de semana de actividades neste concello valdeorrés.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button