A intensa chuvia que caía sobre a comarca de Valdeorras na noite do Venres Santo tamén impedía a saída da Procesión da Soidade (tamén chamada das antorchas ou dos caracois) polas rúas da zona vella de Petín con parada no altar iluminado polos caracois.
O que non faltou foi a eucaristía nin a procesión simbólica dentro da igrexa coa imaxe da Virxe, nin as voces do coro de homes interpretando o Miserere.
Fotos cedidas.