CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Horticondesa, a aposta polo medio ambiente do CEIP Condesa de Fenosa do Barco

 

Mañá de actividade ao aire libre. Na xornada escolar deste xoves 10 de abril, o alumnado de Primaria do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras, achegábase ata Xagoaza para plantar diferentes especies arbóras (castiñeiros, aciñeiras, bidueiros, abelás…).

Unha interesante, divertida e educativa forma de “coidar o noso medio e desfrutar do entorno”, aseguran dende o centro escolar, agradecendo a colaboración do Concello do Barco e Protección Civil para levar a cabo a actividade.

 

 

Fotos: CEIP Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button