Humano. Obra en cerámica é o título da exposición coa que neste outono o artista Iván Prieto (O Barco de Valdeorras, 1978) se reencontra co público ourensán. Reúne 13 obras de cerámica, expostas na Sala Alterarte do Campus de Ourense, nas que reflexiona sobre obre o ser humano e as súas emocións.
A mostra, comisariada por Fátima Otero, poderá visitarse dende este venres e ata o 29 de xaneiro de 2021 e forma parte da cuarta edición do proxecto expositivo Estado Crítico. 15 Comisarios e Comisarias e 15 Artistas.
Sobre Humano. Obra en cerámica, Iván Otero di que recolle “os traballos que fixen durante os dous ou tres últimos anos. Eu sempre tratei a figura humana, interésanme as emocións do ser humano”. Ademais, apuntou, no título da exposición e en relación co seu contido xoga coa orixe da palabra “humano”, que, afirma, “vén de humus, terra”, lembrando como as obras que se poden ver nesta mostra son de cerámica.
A exposición está formada por varios bloques de figuras: varias “bailarinas inspiradas un pouco no mundo da moda”; varias cabezas desinchadas “que fan referencia ao tema do baleiro”, e tamén varios “bustos con partes simbólicas na cabeza”, como mans (que conectan co desexo), disfraces (que levan á reflexión sobre identidade) ou desdorablementos (que evocan aos opostos), comenta o creador valdeorrés.
Fotos: Duvi.