CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Humor, fantasía e solidariedade nas Xornadas de Teatro da Rúa

A recadación da obra "A Fantástica Caixa Máxica" de TEF de Chaves irá destinada á AECC en Valdeorras

 

Moi especial foi a terceira función das X Xornadas de Teatro da Rúa, que se están celebrando no Centro Cultural Avenida. Non só polo carácter internacional que lle deu a participación, un ano máis, do grupo Teatro Experimental Flaviense de Chaves de Portugal; senón polo carácter solidario, xa que a recadación irá destinada integramente á Asociación Española Contra o Cancro en Valdeorras.

E foron moitas as persoas que na tarde do 17 de novembro asistían ao teatro, rindo e desfrutando da divertida obra A Fantástica Caixa Máxica, un invento do grandioso e extraordinario Mago Pantaleão que pode cumprir desexos: un pobre que se quere converter en rico, un león que quere ser domador, unha fada que querer ser bruxa,… Ofrecendo os seus servizos a xentes das cidades, intenta gañar algúns cartos e como a maxia ten estas cousas, ás veces o feitizo vólvese en contra do feiticeiro.

A nota musical do acto púxoa Abertal (banda de gaitas, pandereteiras, coro,…) coa interpretación dun par de pezas trala representación.

A seguinte función das xornadas de teatro, a cuarta desta edición, será o vindeiro domingo 24 de novembro a cargo de Namarella Teatro de Verín coa obra O Baño.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button