EconomíaEconomíaÚltima hora

I Feira de Oportunidades da Asoc. de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel

 

Do 11 ao 12 de marzo celebrarase a Primeira Feira de oportunidades da Asociación de Empresarios e comerciantes do Geoparque Montañas do Courel. A mostra desenvolverase no pavillón de Ribas de Sil (San Clodio). “Este ano arrincamos con moita ilusión e con ganas de que se poida desfrutar de todas as ofertas dispoñibles nos diferentes sectores comerciais”, adiantan dende a asociación.

Eses sectores serán os seguintes: pequeno electrodoméstico, roupa e calzado, coidado persoal, produtos típicos da zona, agricultura, artesanía e xoiería.

O pavillón estará aberto ao público en horario ininterrompido de 11:00 a 20:00 horas tanto o sábado como o domingo.

Artigos relacionados

Back to top button