OurenseÚltima hora

I Festa da Malla en Sande (Cartelle), na tarde do 14 de agosto

Esta iniciativa, promovida pola Asociación Cultural Entroido de Sande, pretende reucperar este traballo agrícola para dalo a coñecer ás novas xeracións

 

A localidade de Sande (Cartelle) recuperará o vindeiro domingo, día 14 de agosto, a Festa da Malla. “Este era un traballo agrícola moi extendido que tamén nesta localidade facía que os veciños se unisen para colaborar uns con outros ata obter o prezado gran, materia prima para a elaboración do pan e a alimentación dos animais da casa”, explica a Asociación Cultural Entroido de Sande, organizadora desta iniciativa etnográfica.

Para chegar a esta festa fai meses que se sementaba centeo e trigo e, fai unhas semanas tocaba facer a sega para construír as medas que os veciños recollerán o mesmo día 14 pola mañá.

Esa mesma tarde, a partir das 18,00 horas comezará a malla cos tradicionais manles nos que aos recuperados de antigas cortes, se lle suman seis feitos para a ocasión por un veciño. Tras o traballo, toca recuperar forzas cun petisco de churrasco e criollos, no que non faltará o viño e a sobremesa. “O pero son 10 euros e haberá prazas límitadas”, matizan os organizadores.

 

 

Esta primeira edición pretende ser “unha toma de contacto e unha forma de facer partícipes aos pequenos do que significa este traballo agrícola e da unión que había entre todos os veciños. Unha unión que nunca debe perderse. Ademais, os máis maiores levan semanas contando como o vivían, converténdose na mellor memoria viva que temos”, din dende a Asociación Cultural Entroido de Sande.

Outras actividades

Tras dúas sesións de cine, unha tarde de xogos de mesa con merenda doce e xogos de auga con petiscos, toca unha nova sesión de cine o día 19 de agosto, e unha moi recomendable ruta nocturna o día 2 de setembro que levará aos participantes, por medio de probas, a descubrir a nosa aldea.

Artigos relacionados

Back to top button