ConcellosOurenseÚltima hora

I Festival Hércules Brass en Celanova

Desenvolverase entre os días 27 e 30 de agosto neste concello ourensán
Imaxe da presentación deste festival de música de Celanova.
Imaxe da presentación deste festival de música de Celanova.

Ofertar clases maxistrais e concertos de música de cámara de grupos galegos, fomentar a cultura musical local e ampliar e actualizar a formación teórica e práctica dos participantes. Son algúns dos obxectivos cos que se organizará o “I Festival Hércules Brass” en Celanova entre os días 27 e 30 de agosto.

Do total das actividades do seu programa sobresaen os concertos de Marina Gundín e Francisco J. Galán, Hércules Brass Quintento e Enrique Crespo, o Quinteto Rubato ou a Banda de Música de Celanova, entre outros. Ademais dos espectáculos musicais, ofértanse os cursos de metal e percusión: trompeta, trompa, trombón, tuba e percusión con profesores tan destacados como Rubén Simeó (solista internacional), Alfredo Varela (solista da Real Filharmonía de Galicia), Jon Etterbeek (solista da Orquesta Sinfónica de Galicia), Guillermo Collazo (colaborador Royal Concertgebouw Orchestra) ou Jesús Porta (solista NDR Sinfonieorchester). Asemade O Barallete, Bruno Santos dará unha conferencia o vindeiro sábado 30 ás 18 horas.

Este evento presentábase na maña do 12 de agosto en Ourense, nun acto no que estiveron presentes o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do alcalde de Celanova, José Luis Ferro.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button