A Policía Nacional esclarece a autoría do atraco perpetrado con arma de fogo nunha sucursal bancaria da cidade de Ourense no ano 2023. Así mesmo, “coa resolución do caso, tamén se concluíu que un dos autores era responsable doutro atraco similar producido na mesma entidade bancaria na poboación de Pereiro de Aguiar, cometido no ano 2016”.
Os feitos que inician a investigación por parte da Policía Nacional na cidade de Ourense, producíronse o día 8 de setembro de 2023. “Varios individuos, os cales tapaban o seu rostro con pasamontañas, perrucas e lentes de sol, introducíronse na sucursal e tras ameazar aos traballadores e clientes do banco cun arma de fogo, fixéronse cunha elevada cantidade de diñeiro, fuxindo inmediatamente das inmediacións”, explican dende a Policía.
Tras estes feitos, axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) e da Brigada Provincial de Policía Científica da Comisaría Provincial de Policía Nacional de Ourense iniciaban a investigación, chegando á identificación de dous dos autores, que durante os últimos meses do ano 2023 mantiveron a súa actividade delituosa na cidade olívica e a súa zona de influencia.
Froito da investigación, “a un dos identificados púidoselle imputar a autoría dun atraco noutra sucursal situada na zona de Pereiro de Aguiar, cometido no ano 2016”, din dende e Policía Nacional, adiantando que “os autores identificados nesta laboriosa investigación, xa se atopaban en prisión por outros feitos”.