CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Cosme López da Rúa, nas “Rutas Científicas, Artísticas e Literarias 2017”

Vinte alumnos participan no programa deste outono cun percorrido cultural polas comunidades de Madrid e Castela A Mancha
Entrada principal do IES Cosme López Rodríguez da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

Ao longo de toda esta semana, vinte alumnos de 1º de Bacharelato do IES Cosme López Rodríguez da Rúa, xunto a dous profesores e dous monitores, participan no programa educativo nacional “Rutas Científicas, Artísticas y Literarias, Otoño 2017”.

O da Rúa é un dos 14 centros seleccionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte entre un cento de solicitudes, sendo un dos dous únicos galegos (o outro, tamén da provincia de Ourense é o IES Xesús Taboada Chivite, de Verín). Para participar no programa deste ano, o Cosme López elaborou un proxecto titulado “A Rúa en ruta”, que contempla “a realización de numerosas actividades, entre as que destacan as tarefas de investigación sobre a figura de Juan Ramón Jiménez, de cuxa morte se celebra o 75º aniversario, así como de exposición de material audiovisual sobre a experiencia vivida polos alumnos durante a viaxe”, explican dende o instituto.

A ruta comenzaba o domingo 29 de outubro en Madrid, e estase desenvolvendo por diferentes localidades desa comunidad e tamén de Castela A Mancha como Alcalá de Henares, Tres Cantos, Toledo, Campo de Criptana, Valdepeñas, Manzanares, Ruidera, Argamasilla del Alba, Daimiel ou Almagro, entre outras. Tal como explican dende o centro, o programa inclúe un blog “no que os alumnos van publicando todas as actividades que realizan”, entre as que están as visitas a museos (El Prado, Reina Sofía, a Casa de Cervantes,…), a centros de investigación, e cidades de interese artístico e literario; percorridos por parques naturais como as Lagunas de Ruidera ou as Tablas de Daimie; ou entornos literarios.

O obxectivo do programa é conseguir que a aprendizaxe sexa máis atractiva para os xoves e fomentar o seu interese pola ciencia, as artes e a literatura, ao introducilos nestas disciplinas a partires de entornos reais que combinen os aspectos formativos e experimentais, mentres se potencia a conviencia con estudantes doutros centros, fomentando ademais a convivencia e o traballo en equipo. Unha experiencia única para estos alumnos, que regresarán este sábado.

Artigos relacionados

Back to top button