CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Ignacio Castro presenta o seu novo libro “Sexo y silencio” na Coruña

O acto terá lugar o vindeiro venres 22 de abril ás 19:30h. na Fundación Luis Seoane

Ignacio Castro Rey./ Cedida.

 

O filósofo, escritor e crítico de arte compostelán Ignacio Castro presentará o seu novo libro “Sexo y silencio” (Pre-textos, 2021) o vindeiro venres 22 de abril ás 19:30h. na Fundación Luis Seoane da Coruña (rúa/San Francisco 27).

Neste acto o autor estará acompañado na mesa por Javier Pintor e polo psicoanalista Manuel F. Blanco. “Sexo y silencio” é un ensaio que plantexa como “hai unha intelixencia subversiva no sexo, unha verdade vinculada a un feliz subdesenvolvemento dos afectos. Inseparable da paixón, dun desexo por fin liberado, é posible que o sexo sexa unha experiencia que arma ao brando de corazón e desorienta ao poderoso e insensible”.

“Sexo y silencio” é un dos libros, xunto con “En espera”, escritos por Ignacio Castro Rey durante a pandemia. Sobre eles e tamén sobre a sociedade actual deste complexo século XXI fala este filósofo galego nunha entrevista publicada na edición en papel deste mes de abril do Periódico O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button