Esta proba principiaba ao mediodía do 13 de agosto na Finca da Barreira
Tradición e deporte entrelánzanse nunha das propostas incluídas na VIII Mostra de Patrimonio Inmaterial, que promove a Asociación Cultural Caniceira. Trátase da segunda edición do Campionato de billarda que se desenvolvía cunha nutrida participación no mediodía do 13 de agosto na Finca da Barreira. Ao mesmo tempo abrían as portas da mostra de artesanía, situada no casco antigo da localidade.
Fotos: Carlos G. Hervella.