ConcellosÚltima hora

II Festa da Vendima en Parada de Sil o 18 de outubro

O programa inclúe un xantar popular e a actuación do monologuista Sergio Pazos, entre outros actos
Cartaz da II Festa da Vendima de Barxacova.
Cartaz da II Festa da Vendima de Barxacova.

Barxacova no concello de Parada de Sil, celebrará o vindeiro 18 de outubro a II Festa da Vendima. A cita, organizada dende Fábrica da Luz (ente dinamizador do Concello), incluirá multitude de propostas gastronómicas e lúdicas. Así está prevista a instalación de postos con adegas desta zona ourensá, pertencente á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que ofrecerán degustacións de viño ao tempo que venderán os caldos que elaboran. Asemade realizarase un obradoiro de marmelada de uvas e un concurso de traxes de vendima.

Non faltará tampouco a animación musical a cargo da charanga “Escachapeitos” e a actuación do monologuista ourensán Sergio Pazos, cunha dilatada e exitosa traxectoria sobre os escenarios.

A II Festa da Vendima de Barxacova conta coa colaboración do Concello de Parada de Sil e a Deputación de Ourense, así como de entidades particulares.

Artigos relacionados

Back to top button