Un ano máis, na mañá deste sábado 1 de marzo celebrábase o día central do Entroido en Parada de Sil cun gran desfile polo pobo no que participaban os Anxeos, Os Noviños do Sil, veciños e unha charanga.
Despois do percorrido tiña lugar o xantar no que os asistentes degustaron un exquisito cocido para repor forzas e voltar a animación pola tarde.
Fotos e vídeos: Luis Baños.