ConcellosÚltima hora

II Festa do Botelo na Coruña, o 21 de febreiro

En marzo, será a cita gastronómica en Vigo
Un dos momentos do xantar do Botelo na Coruña o ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos momentos do xantar do Botelo na Coruña o ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

Por segundo ano consecutivo, O Botelo do Barco traspasa as fronteiras de Valdeorras e o vindeiro sábado 21 de febreiro, de novo o restaurante Mirador de San Pedro acollerá a II Festa do Botelo na Coruña.

O ano pasado era o Concello do Barco o encargado de organizar o evento que contou coa asistencia de preto de 360 persoas. O obxectivo, que “o Botelo se coñeza en todas partes” dicía o a alcalde Alfredo García, por iso despois do éxito dese ano, a idea era continuar coa iniciativa “aínda que terán que encargarse os propios restaurantes”. Así pois, coa colaboración de José Ángel Rodríguez Delgado (pregoeiro da XV festa gastronónica no Barco), o Botelo será de novo o protagonista do xantar no Mirador de San Pedro.

E xa no mes de marzo, abrindo novos destinos de promoción, o produto gastronómico de excepción do Barco de Valdeorras chegará ata Vigo, celebrándose un xantar no Hotel Coia o sábado día 14.

Artigos relacionados

Back to top button