CulturaCulturaÚltima hora

II Festival Científico de Galicia, do 17 ao 18 de xullo na Pobra do Brollón

 

“O mellor da ciencia galega” darase cita na fin de semana do 17 e 18 de xullo na Pobra de Brollón no marco da segunda edición do “Festival Científico de Galicia”, con actos que se desenvolverán en sesións de mañá e tarde en diversos puntos do municipio.

O programa encetarase o 17 de xullo ás 10:30h. na praza da Condesa no casco vello da Pobra do Brollón, co intervencións de Casto Rivadulla, Luísa Martínez, Xurxo Mariño, Xurxo Ayán e José Arcas.

Xa pola tarde, as actividades trasladaranse a Cereixa e incluirán, ademais, poesía e unha singular visita guiada ás escavacións arqueolóxicas do Castro de San Lourenzo.

O domingo 18 de xullo retomaranse os actos ás 11h. na área recreativa de Samugueiros coa temática “Ciencia peregrina: arqueoloxía medieval no Camiño de Inverno”. Logo está previsto un vermú científico con diversas intervencións.

Pola tarde, ás 16:30h. as actividades terán lugar en Vilachá de Salvadur, cunha conferencia a cargo do arqueólogo Xurxo Ayán co título “A Ribeira Sacra: mito, ciencia e comunidade”. Finalmente, nas Adegas de Vilachá haberá petiscos, música e viño.

 

Artigos relacionados

Back to top button