EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

II Mercadiño do Nadal, esta fin de semana no Teleclub de Petín

O horario de apertura é de catro a oito da tarde e conta cunha vintena de postos de artesanía, libros, flores, manualidades e doces

 

Dende artesanía feita en madeira ata prendas de vestir, bixutería, decoración, agasallos, plantasl, libros e ata artigos de segunda man e antigüidades. No apartado gastronómico hai doces, mel e tamén un posto con chocolate e pasteis para merendar e de paso colaborar co club de fútbol sala feminino Rúa-Valdeorras Futsal.

Ata unha vintena de postos conforman o II Mercadiño do Nadal de Petín que abría as portas na tarde deste sábado 10 de decembro no patio cuberto do Teleclub. No recinto tamén hai un espazo especialmente adicado para os máis pequenos: un fermoso trineo no que os pequenos poden fotografarse e tamén o buzón onde poden depositar as cartas para Papá Noel.

O horario para visitar o mercadiño e facer as compras de Nadal é de 16 a 20 horas tanto hoxe como mañá. De paso, quen o desexe pode visitar a exposición sobre Luis Nogueira “O seu destino era chegar a ser o que foi” na sala principal do Teleclub, onde tamén está xa instalado o Belén de Juan José Rodríguez “Chavito”, con novas incorporacións.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button