A Asociación Qui-Roma de Quiroga última os preparativos dunha nova edición da “Ruta de Terror-Qui Medo!”, cuxa celebración está prevista para o vindeiro 30 de outubro. “Tras o éxito da primeira edición no 2019, voltamos con máis forza para aterrar a todos”, aseguran dende esta entidade.
O Qui Medo! consiste nunha “ruta polo casco urbano de Quiroga na que os participantes sufrirán sorpresas e terán que visitar as variadas casas do terror ao longo do percorrido.. se se atreven”, indican dende a organización.
As persoas interesadas en participar xa poden apuntarse na actividade na Casa da Cultura de Quiroga de maneira presencial ou por teléfono (982435125). O prezo da inscrición é de 5€.