DeportesÚltima hora

II Torneo de baloncesto de fin de ano da familia Rodríguez Ramos, no Barco

 

A familia Rodríguez Ramos do Barco vén de celebrar o seu segundo torneo de fin de ano de baloncesto. O partido disputábase a partir das 11h. deste 31 de decembro nas pistas de baloncesto do Paseo do Malecón.

Había xogadores de todas as idades, organizados en dous equipos: o daqueles que levaban gorro de Papá Noel e o dos que non o tiñan. Os capitáns de cada equipo eran Leo (7 anos) e Irene (8 anos). Xogaban 15 contra 15 á vez.

O marcador amosaba un empate ao final do encontro, o que significa que no vindeiro 2020 haberá novo torneo no que ambos equipos volverán a divertirse e a xogar pola vitoria nunha orixinal iniciativa para despedir o ano.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button