DeportesEn portadaÚltima hora

III Andaina do Chourizo en Trives

Publicidade
Esta actividade deportiva, que concluirá cunha gran chourizada, terá lugar o 4 de febreiro

 

 

Unha das primeiras actividades que organizará o Club Montaña Trives neste ano 2017 será a III Andaina do Chourizo, con motivo da celebración da festa do mesmo nome que se celebrar a primeiros de febreiro en Vilanova (Trives).

Esta camiñata está programada para o vindeiro 4 de febreiro e terá como punto de partida e meta a vila de Trives. Así a saída farase ás 9:30h. dende a praza do Pilón. Dende aí os participantes enfiarán dirección San Mamed, logo irán por San Lorenzo, Castro e Vilanova para, finalmente regresar á vila.

Será, por tanto, un traxecto circular de 9 km quilómetros no que se prevé invertir unhas dúas horas e media de tempo. Ao finalizar a andaina terá lugar unha gran chourizada. Ademais haberá bica dos diferentes establecementos triveses que elaboran este doce e viños de adegas da zona.

As persoas interesadas en participar poderán realizar a súa inscrición ata o 2 de febreiro na Oficina de Turismo de Trives ou ben no enderezo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O custo da inscrición será de 5 euros para os socios do club e de 8 euros para o caso de persoas non asociadas.

 

Cartel da proba.

Artigos relacionados

Back to top button