Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

III Andaina Nocturna de Verín, o 19 de agosto

Sairá desde a Praza García Barbón ás 21:00 horas e seguirá unha ruta de 9 quilómetros

Publicidade
Presentación da Andaina Nocturna de Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

O Concello de Verín organiza, en colaboración coa Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas, unha andaina nocturna para a noite do 19 de agosto. Tal e como confirmaban esta mañá o concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo; e a responsable da asociación de sendeirismo, Amaya Álvarez, o percorrido será circular e terá unha dificultade baixa. Sairá desde a Praza García Barbón ás 21:00 horas e seguirá unha ruta de 9 quilómetros.

A andaina ten un prezo de 5 € e, pola seguridade dos camiñantes, será obrigatorio levar un chaleco reflectante e unha lanterna. Todos os participantes terán de agasallo unha camiseta de recordo ademais das provisións de avituallamento (auga e foita) e dos servizos necesarios durante o camiño.

Todas as persoas interesadas en participar poderanse inscribir ata o 16 de agosto no local de Multisport Verín ou vía WhatsApp no teléfono 600410018.

Artigos relacionados

Back to top button