DeportesÚltima hora

III Copa Gallaecia de fútbol gaélico, este sábado en Xinzo de Limia

Na competición, que comezará ás once da mañá, participarán nove equipos

O campo da Moreira en Xinzo de Limia acollerá este sábado 9 de xuño a III Copa Gallecia organizada polas Afiadoras F.G., o equipo de fútbol gaélico mixto da comarca de Ourense.

A competición comezará ás 11h. estendéndose ao longo de toda a xornada, estando prevista a final para as 19:30h. aproximadamente.

Nesta edición da Copa participarán nove equipos: Afiadoras, O Condado, Suévia, Cascarilha, Torques, Fusquenlha, Gróvios, Turonia e Ambílokwoi, cun cotal de 24 partidos que “prometen ser una auténtica festa do gaélico galego así como una mostra da irmandade de todas as persoas que forman parte deste proxecto”, aseguran dende a organización.

 

Cartel da Copa Gallaecia 2018.

Artigos relacionados

Back to top button