
Despois do éxito das anteriores edicións e da multitudinaria acollida da cita no Barco o pasado 23 de xaneiro, a III Festa do Botelo na Coruña, un evento que ten como obxectivo continuar coa promoción do produto estrela do inverno no Barco de Valdeorras, celebrarase o sábado 20 de febreiro, de novo no restaurante Mirador de San Pedro.
Alí en torno ás 13:30h. terá lugar a recepción dos asistentes cun viño e un pincho, para despois dar paso ao gran xantar no que os entrantes serán sopa do cocido e empanada de maravallas. O prato principal terá ao botelo como protagonista acompañado de cachelos, chourizos e verdura. Para a sobremesa haberá bica e torta de roxóns. Os viños serán godello das adegas Godeval e D´berna, e o tinto da Cooperativa Xesús Nazareno. Adeamis, un grupo musical amenizar a velada.
Tal como adiantan dende o Concello do Barco, o menú custa 30 euros e as reservas poden facerse mediante o pago nun número de conta que o restaurante ten aberto. Aqueles que vaian en grupo deberán especificar o nome do grupo ao que pertencen para poder organizar as mesas.



