Con demostracións de bateo e unha loita de gladiadores
Montefurado vivirá na fin de semana do 16 e 17 de agosto baixo a lei do Imperio Romano. A lexión tomará as súas rúas no decurso da III Festa Romana, que se celebrará nesta localidade quiroguesa.
O seu programa incluirá, como demostración de bateo e diversas actuacións, entre as que figuran unha loita de gladiadores, unha conferencia e tamén unha cea romana (para a que haberá que mercar entrada) ao redor das 22h. do 16 de agosto na praza situada á beira da igrexa de Montefurado.
Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).