OurenseÚltima hora

“Imaxina que…” vinte rapaces convértense en directores de cinema

O Obradoiro de Vídeo Participativo do OUFF ensina na Molinera aos rapaces do Centro da Carballeira de Ourense como se fai unha curtametraxe

“Imaxina que…” con esta frase arrancou o obradoiro de Vídeo Participativo impartido polos especialistas en comunicación e educación “Gingko”, Roi Guitián e María Lobo, que se levou a cabdo durante o mes setembro e neste mes de outubro para os nenos e nenas do Centro da Carballeira de Ourense na Molinera. Esta iniciativa está enmarcada dentro das actividades paralelas ao 22 Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).

Unha vintena de pequenos produtores, directores, actores e realizadores levan elaborando tres curtas nas que “eles mesmos fixeron o guión”, dixo Roi Guitián. Baixo a premisa de “Imaxina que…” idearon tres historias: unha sobre bulling, a segunda titulada “Imaxina que non existisen os malos tratos” e a terceira “Imaxina que a vida é bela”. Todo isto realizado co material que lles proporciona o Centro de Coñecementos La Molinera de Ourense.

Segundo contou Guitián, este curso é de vídeo participativo, é dicir, “que o resultado final non é o máis importante, senón todo o proceso previo”. O traballo en equipo, as discusións sobre a realización das curtas, aprender a ceder ou a escoitar as ideas e aportacións dos compañeiros…

E todos estes días de traballo están reflictidos nun blogue : “É unha especie de diario de traballo que eles mesmos escriben no que contan a xornada”, dixo Roi Guitián, que asegurou que todos o colleron con moito ímpetu o proxecto “e incluso piden quedar máis tempo durante o día para rematar o traballo”

E como todo filme que se prece, estas curtametraxes tamén terán o seu día de estrea. Será o vindeiro venres, 27 de outubro, ás 17:00 horas no Teatro Principal, con entrada de balde até completar aforo.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button