
O 49 Rallye de Ourense xa está en marcha. Tras a celebración do tramo espectáculo de algo máis de tres quilómetros no polígono de San Cibrao, a proba automobilística afronta este sábado o seu cénit. Cinco tramos cronometrados por varios puntos da provincia: A Peroxa, Toén-Castrelo, Esgos, Maceda e Canón do Sil. Neste contexto, o director de carreira, Antonio Fernández, fai fincapé na seguridade e invita aos afeccionados a colaborar para evitar danos.

“Sempre facemos fincapé na seguridade pero este ano tivemos que contratar incluso seguridade privada porque non nos chegaban cos medios que nos proporcionaba a Garda Civil”, detallou Fernández en declaracións ao Periódico O Sil. O tamén presidente da Escudería Ourense -organizadora da proba- recoñeceu que nestes casos “o risco cero non existe” pero mostrouse confiado en que “a xente, aquí en Ourense, sabe moito de rallyes e sabemos que vai colaborar”.
Por iso, rematou pedindo a todos os que durante a xornada forte do 49 Rallye de Ourense que presten atención ás indicacións: “pedimos aos espectadores que acaten as medidas de seguridade que darán os organizadores e as Forzas e Corpos de Seguridade”.
Texto: Sara Fontenla
Fotos: Carlos G. Hervella