
Na mañá deste martes 20 de agosto tiña lugar un sinistro viario con importantes danos materiais no coche tras atropelar a un xabaril.
Os feitos tiñan lugar ás 7:30 horas, no km 230 da estrada OU-525, á altura de Pontenoalla-San Cibrao das Viñas e, tal como explican dende a Garda Civil de Ourense, o condutor resultaba ileso, “pero o vehículo resultaba moi danado”, engadindo que como consecuencia do impacto, “o xabaril permanecía ferido na beiravía polo que foi necesario mobilizar ao persoal de garda do Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Rodicio”.



