En torno aos 450 deportistas reuníanse na xornada do sábado 1 de maio na praia de Gandarío, no municipio coruñés de Bergondo, para participar na primeira xornada da Liga Galega de Salvamento e Socorrismo en augas abertas nas categorías Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Júnior, Absoluto e Máster.
Nesta primeira xornada o Club Salvour que presentou a 7 dos seus mellores deportistas, destacando as actuacións da infantil Rosalía Iglesias Gil que se clasificou para a final da proba de carreira con táboa de salvamento; e a da cadete Almudena Moreiras Dacosta que obtivo tamén o pase á final da proba de bandeiras, aínda que ningunha delas lograba alcanzar o podio.

O resto da expedición do equipo Salvour composto polos xuvenís Zaira García Vilalonga, Xenxo Fernández Fernández, Miguel Viso Murciego, o infantil Álvaro Peiteado Albarín e o máis pequeno da expedición, o alevín Martiño Novo Fernández participaron nas súas respectivas probas sen lograr a clasificación para a final.
A próxima xornada da liga disputarase na localidade pontevedresa de Cangas o sábado día 5 de xuño.