Última hora

Inaúgurase a XVI Feira do Viño de Valdeorras, na Rúa

Durante o certame poderán degustarse os caldos de 22 adegas amparadas por esta denominación
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A XVI Feira do Viño de Valdeorras botaba a andar na mañá deste sábado 13 de xullo na área recreativa de O Aguillón (A Rúa). Durante dous días o público poderá degustar os caldos de 22 adegas amparadas pola D.O. Valdeorras nunha paraxe única, a carón do encoro de San Martiño. Ademais, os visitantes poderán desfrutar dun variado programa de actividades que incluirá maridaxes, demostracións de cociña en vivo ou música.

No acto inaugural da mañá do sábado, o presidente do Consello Regulador valdeorrés agradecía o apoio dos adegueiros e o seu esforzo para poder levar a cabo este evento promocional, que arrancaba na tarde do xoves coa precata dos caldos da Cata da Feira do Viño de Valdeorras, cuxos premios se entregarán na tarde do domingo 14 de xullo.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button