CulturaCulturaÚltima hora

Inaugúrase na Coruña a mostra “Florencio D. Gurriarán: Bebedeira de ensoños”

Poderá visitarse ata o 8 de outubro no Fórum Metropolitano da Coruña

 

Na tarde deste 27 de setembro inaugurábase no Fórum Metropolitano da Coruña a exposición “Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira de ensoños”, nun acto que contaba coa presenza do comisario da mesma, Ricardo Gurriarán, historiador e tamén parente do poeta corgomés.

Esta exposición, promovida polo Concello do Barco de Valdeorras e que data de 1999 , ten plena e actual vixencia no seu contido. Consta de vinte e seis paneis sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, a quen este 2022 se lle están dedicando as Letras Galegas. Imaxes e textos conforman un amplo e completo percorrido pola aportación do autor valdeorrés á vida cultural, social e política galegas.

A mostra chega agora á cidade da Coruña á iniciativa do colectivo Valdeorras Infinda e da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Poderá visitarse ata o vindeiro 8 de outubro no espazo de entrada do Fórum Metropolitano.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button