A VeigaConcellosÚltima hora

Inaugúrase na Veiga unha nova edición do proxecto social ‘Tecendo Soños’

A mostra, creada polas mulleres de diferentes núcleos do concello, enche de cor a vila

 

Nacía hai uns anos para crear un espazo de interacción e sociabilidade entre as persoas da Veiga que redundara no fomento do asociacionismo e a participación das mulleres, e na tarde do xoves 11 de agosto deste 2022 inaugurábase unha nova edición chea de colorido e ilusión.

 

 

Durante tardes esteiras as mulleres de diferentes núcleos do concello estiveron tecendo, facéndose compañía e dando pé á elaboración de obxectos e pezas que integran a exposición ‘Tecendo soños’ que xa pode verse en diferentes puntos da Veiga. Dende orixinais tendais, corazóns, globos, sombreiros, flores e mantos, ata fermosísimos traxes… enchen de cor e soños a vila.

A apertura da mostra tiña lugar nun concorrido acto na praza do Concello no que non faltou a música, comezando así un completo programa de actividades de verán na Veiga, entre as que figuran rutas de sendeirismo, actuacións musicais, observacións astronómicas, teatro e unha nova ruta dos pinchos.

 

 

Onte pola noite tiña lugar o concerto de verán na praza do Toural a cargo da Escola Municipal de Música: banda de gaitas e pandereteiras, grupo de saxofóns e coral ‘Voces de Trevinca’. E hoxe, a partir das 19:30 horas celebraranse os Cantos de Taberna, coa participación da Tuna Compostelana, e grupos de gaiteiros e pandereteiras de Trasmiras, Celanova e A Veiga que animarán os seguintes bares: As Chairas, Albergue Montañas de Trevinca, Río Xares, O Retiro, Yáñez, Laila e Peña Peña Trevinca.

Fotos cedidas.

 

Concerto de Verán na Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button